FeiraNaPorta

Feiranaporta é un proxecto da Asociación EFA Fonteboa, financiado pola Iniciativa Xove da Consellería de traballo e Benestar - Xunta de Galicia, que busca a implicación e o interese dos xóvenes nos mercados locais (feiras), apoiándose nas TIC como medio de dinamización, animación e expansión das feiras e dos própios xóvenes, de xeito que descubran e experimenten unha nova forma de comercio resultado da fusión da feira tradicional e o comercio dixital.

No marco do proxecto desenvolveuse unha App que permite consultar os produtos ofertados por SaborEmprendedor os xoves de cada mes na feira de Carballo. Dende a App os usuarios poden realizar os seus pedidos que, o mesmo día da feira, lles serán entregados. Este servizo está principalmente pensado para todos os traballadores da zona (núcleo urbán de Carballo), que no horario da feira están traballando, e por tanto non poden aceder aos produtos ofertados na mesma.