Para instalar a App Feiranaporta debemos ir ao Play Store e buscar feiranaporta. Unha vez localizada clicaremos en instalar
O seguinte link levarao directamente a aplicación:
Unha vez instalada, poderemos atopar a nosa aplicación no menú de aplicacións do noso móbil, localizando o icono:
Ao abrir a aplicación mostraranse os produtos ofertados, podemos desprazarnos cara abaixo para acceder a todos eles.
Para mercar un produto, clicaremos enriba del, aparecendo unha nova ventá na que podemos escoller o número de unidades a mercar, ao tempo veremos o custe total segundo as unidades seleccionadas.
Unha vez rematada a nosa selección de produtos, pasaremos ao seguinte paso, clicando no botón da cesta
Na cesta veremos todos os productos a comprar e o custe da compra. podemos eliminar produtos clicando na X que ten ao lado.
Comprobada a cesta, clicaremos de novo no mesmo botón do punto anterior para aceder a introdución dos nosos datos persoais. Debemos introducir o noso nome, teléfono de contacto e dirección de entrega. Unha vez completado clicamos en confirmar
Completados os datos de contacto clicaremos de novo no botón da cesta
Se todo está correcto, confirmaremos a compra. Se non se produciron erros, amosarásenos a seguinte ventá de confirmación de pedido
A primeira vez que recibamos un pedido dun novo cliente, Confirmaremos o mesmo a través dunha chamada teléfonica para garantir que o pedido sexa correcto, así como para detallar o lugar de entregae horario preferido da mesma.
SaborEmprendedor
www.saboremprendedor.es
feiranaporta@saboremprendedor.es